Sistema endomembranoso

1 Núcleo. 2 Poro nuclear. 3 Retículo endoplasmático rugoso (RER). 4 Retículo endoplasmático liso (REL). 5 Ribosoma sobre o RER. 6 Proteínas transportadas. 7  Vesícula de tranporte. 8 Aparato de Golgi. 9 Cara cis do Golgi. 10 Cara trans do Golgi. 11 Cisternas do Golgi
Micrografía do aparato de Golgi, visible como un conxunto de aneis semicirculares escuros. Poden verse numerosas vesículas circulares nas proximidades do orgánulo
Ilustración detallada da membrana plasmática e estrutura dun fosfolípido.

O sistema de endomembranas da célula está composto polas diferentes membranas contidas no citoplasma dunha célula eucariota. Estas membranas dividen a célula en compartimentos estruturais e funcionais chamados orgánulos. Nos eucariotas os orgánulos do sistema de endomembranas inclúen: a envoltura nuclear, o retículo endoplasmático, o aparato de Golgi, o lisosomas, os vacúolos, as vesículas, e a membrana plasmática ou celular. O sistema pode ser definido máis adecuadamente como o conxunto de membranas que forman unha única unidade funcional e de desenvolvemento, quer por estar conectadas directamente, quer por intercambiar material entre elas por medio do transporte de vesículas.[1] Hai que subliñar que o sistema de endomembranas non inclúe as membranas das mitocondrias, os cloroplastos ou os peroxisomas.

Os orgánulos do sistema de endomembranas relaciónanse por contacto directo ou pola transferencia de segmentos de membrana en forma de vesículas. Malia estas relacións, as diversas membranas non son idénticas en estrutura ou función. O grosor, composición molecular, e comportamento metabólico dunha membrana non é fixo, e pode modificarse varias veces durante a vida da membrana. Unha característica que todas as membranas comparten é que están formadas por unha bicapa lipídica con proteínas unidas a cada unha das capas ou atravesando ambas (proteínas transmembrana).[2]

  1. Smith, A. L. (1997). Oxford dictionary of biochemistry and molecular biology. Oxford [Oxfordshire]: Oxford University Press. pp. 206. ISBN 0-19-854768-4. 
  2. Campbell, Neil A.; Reeceǎ, Jane B. (2002). Biology (6th ed.). Benjamin Cummings. ISBN 0-8053-6624-5. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search